Hoxe culmina ante a sé das Nacións Unidas a Marcha Mundial das mulleres

Lei e política para as mulleres

17/10/2000 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
14 lecturas | Compartido 0 veces

Mulleres de todo o mundo "marcharán" hoxe cunha doble petición: por un lado solicitar unha lei contra a violencia de xénero e polo outro políticas activas que erradiquen a probreza do rostro feminino. Unhas reivindicacións que se suceden diferentes lugares ó mesmo tempo.

A discriminación

Coa entrega da reivindicación das mulleres a Kofi Annan, secretario xeral da ONU, remata hoxe en Nova York a "Marcha-2000". Unha iniciativa que pretende esixir unha lei sobre a violencia e politicas activas que equiparen ámbolos dous sexos. Unha situación de desvantaxa que afecta a diferentes eidos: violencia, de pobreza, analfabetismo, desigual acceso ó traballo e de desvantaxa salarial.

O uso sexista da comunicación

Explicar como usar os xéneros gramatical, uso similar para homes e mulleres ou descartar tópicos son algunhas das cuestións que se abordan na guía Comunica en igualdade que presentou onte en Santiago O Servicio Galego de Igualdade (SGI). Un documento que pretende aportar o seu gran de area para evitar a invisibilidade da muller na sociedade.

As mulleres en Laxe

O Concello de Laxe súmase as iniciativas organizadas en favor das mulleres. E faino organizando as I xornadas da muller os próximos días 19 e 20. Unha xuntanza que contará coa presencia da xefa de Sección de Estudios Programados do Servicio Galego de Igualdade, Paloma Rodríguez, a representante das mulleres Afganas en España, Shapiri Hakami, e a presidenta da Asociación Alecrín, Ana Míguez Vigo.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Xénero, Igualdade, Guía...

Claves

Entidades
Lugares