Vicepresidencia creará antes de finais de ano o Consello Galego das Mulleres

As mulleres teñen consello

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

“É o tempo das mullerse e de escribir en feminino” apuntou Anxo Quintana na súa intervención ante a Comisión non permanente para a igualdade e os dereitos das mulleres. O mesmo lugar onde anunciou que, antes de fin de ano comezará a andar o Consello Galego das Mulleres, para dar “voz e capacidade de decisión” ao sector feminino. Esta figura estaba prevista na Lei galega de prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Entre outras medidas, o organismo elevará propostas aos poderes públicos, avaliará os programas das administracións e promoverá a creación de consellos locais e comarcais.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Xénero, Igualdade

Claves