Onte o Consello da Xunta aprobou dar inicio á tramitación do Anteproxecto de decreto polo que se crean e regulan as medallas "Emilia Pardo Bazán" para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes. A Xunta elixÃu o nome da escritora coruñesa, referente feminista avanzada do seu tempo para estes galardóns por tratarse "dunha precursora nas ideas acerca dos dereitos das mulleres e o feminismo; reivindicar a educación e instrución das mulleres como algo fundamental e incorporar en todas as súas obras ideas sobre a modernización da sociedade e o acceso das mulleres aos mesmos dereitos e oportunidades que tiñan os homes na súa época". Segundo o avanzado á prensa tras do Consello de Goberno, poderán ser destinatarias das medallas tanto persoas como colectivos, entidades ou institucións, públicas e privadas que, coa súa traxectoria ou labor, contribuÃsen e destacasen no desenvolvemento na nosa comunidade de accións relevantes neste ámbito. A Xunta recoñece que "os poderes públicos teñen a obriga de articular medidas de sensibilización social que visibilicen os talentos e as capacidades das mulleres e que recoñezan a traxectoria vital e profesional de persoas e entidades comprometidas con erradicar as discriminacións de xénero que aÃnda persisten". As medallas "Emilia Pardo Bazán" outorgaranse a razón de tres por ano e entregaranse os 16 de setembro, en conmemoración do nacemento da escritora galega.