Obradoiros, exposicións e manifestacións celebran o día da muller traballadora

O lema deste ano é As mulleres traballamos, as mulleres contamos

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:

O 8 de marzo é o día Internacional da Muller Traballadora. Unha efeméride que diferentes colectivos, encabezados pola Marcha Mundial das Mulleres, celebra a golpe de obradoiros, exposicións e manifestacións. As actividades comezan hoxe co acto que terá lugar no Hostal dos Reis Católicos en Santiago, no que se homenaxeará o labor de oito mulleres. Ademais, a Marcha celebrará múltiples actos en sete localidades baixo o slogan “As mulleres traballamos, as mulleres contamos. Non solucionaredes a crise a costa dos nosos dereitos”.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Exposicións, Reis Católicos, Reis...

Claves

Protagonistas