A X Xornada de literatura de tradición oral estuda as palabras como memoria

Celebrarase en Lugo o 21 de outubro de 2017

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) abriu o prazo de inscrición para a X Xornada de Literatura de Tradición Oral, que nesta ocasión estará centrada nas "palabras con memoria". Coa participación de especialistas en especialistas en toponimia, onomástica, lexicografía ou fraseoloxía, o evento deterase no sistema antroponímico, prestará atención aos valores antropolóxicos e míticos na fraseoloxía galega ou buscará a relación entre toponimia e lendas. A xornada celebrarase en Lugo o 21 de outubro e xa está aberto o prazo de inscrición.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradición oral, Literatura, Lugo, Lingua galega...