Transcorridos tres anos do falecemento do pintor Antonio Quesada (Ourense, 1932 - Vigo, 2015) a sala de exposicións no Teatro GarcÃa Barbón-Afundación de Vigo acolle a mostra, «Antonio Quesada. Dende o sentimento», coordinada por Teresa Cendón e producida pola Obra Social de Abanca en colaboración coa Xunta de Galicia e a participación da Zona Franca de Vigo e a Fundación Celta de Vigo. A exposición ofrece en 32 lenzos unha ampla representación da obra de gran formato do autor ourensán, considerado un dos grandes paisaxistas do panorama plástico español a súa traxectoria presenta unha ordenada evolución cara á abstracción lÃrica da paisaxe. A selección para esta mostra levouse a cabo pola viúva e fillos do artista. Segundo consta na presentación, a súa obra caracterÃzase por un exquisito dominio técnico e unha permanente vocación anovadora. A súa paisaxe, conformada en liñas xeométrico-figurativas e, case sempre, suxerida nas súas formas, sitúanos en mundos estraños, misteriosos, case metafÃsicos, que conforman unha pintura intensamente emotiva, sensible e intimista. Quesada participou activamente no movemento cultural que conmocionou as artes plásticas galegas na segunda metade do século XX baixo a tutela de intelectuais do talle de Vicente Risco, Otero Pedrayo ou Eduardo Blanco Amor. A súa amizade cos poetas zamoranos Claudio RodrÃguez e Hilario Tundidor influÃu decisivamente na peculiar concepción lÃrica da súa pintura. A súa obra atópase representada en numerosos museos e coleccións institucionais de España, Europa e América.A exposición pode visitarse ata o 19 de abril.