O pintor Xabier Pousa (Goián, 1931- Vigo, 2000), foi un dos paisaxistas máis representativos da pintura galega da segunda metade do S. XX, a súa traxectoria artística salientable colocou a súa obra pictórica en coleccións privadas e institucións e formou parte do grupo que Vicente Risco denominou "Os Artistiñas" xurdido nos anos 1960 en Ourense xunto con Xaime Quesada, Acisclo, Xose Luis de Dios, Buciños, Virxilio e Baltar. A súa obra estaba ligada ao seu entorno, físico e humano, ao cotián e á paisaxe así como ás costumes na súa contorna. Ademais de na pintura isto quedou reflectido nas súas numerosas gravacións audiovisuais caseiras, testemuños da súa realidade máis achegada pero tamén da súa época. A través da Fundación que leva o seu nome, os seus herdeiros depositaron estas gravacións no Museo Online de Cine Autobiográfico (MOCA) unha entidade virtual creada pola organización viguesa La Cinematográfica que agora presenta na súa sede web estas arredor de duascentas filmacións restauradas que en total suman dez horas de imaxes rodadas durante dúas décadas desde 1968 a 1988. A presentación do arquivo de Pousa, patrocinada por Cafés Las Candelas, inclúe unha exposición de pintura e a de cine doméstico, dúas disciplinas irmandadas a través do ollo do pintor: "Pousa a 18 pinceladas por segundo" relaciona 16 óleos con 16 escenarios filmados nas súas cintas domésticas, facendo que eses cadros transcendan os seus lenzos.
Nas arredor de duascentas películas de Xavier Pousa que podemos ver no MOCA, atopámonos co se carácter de observador tranquilo e sumamente curioso do que pasaba ao seu redor. Nesta colección accedemos ao entorno íntimo e familiar, pero tamén artístico, ao estar introducidas nel figuras da cultura coetáneas coas que gardaba contacto, ás vecesde moita familiaridade, coma no caso do escultor Manolo Buciños e outras como Méndez Ferrín, Manuel María, Álvaro Cunqueiro, Xoán Piñeiro, Darío Xohán Cabana, Eduardo Blanco Amor, Avelino Abuín de Tembra, Fernández del Riego, Uxío Novoneyra, Carlos Oroza, Camilo Nogueira, Gustavo Santiago Valencia, Salvador García Bodaño ou Valentín Paz Andrade.
Testemuña da Revolución dos Cravos
Xunto con iso, o ollo de Xabier Pousa tamén foi testemuña de situacións relevantes e significativas dese tempo de cambios políticos e este arquivo colócanos en diversos momentos de especial relevancia do final da ditadura e o dos primeiros pasos da democracia, sempr no seu contexto máis achegado. Así podemos asistir con el a manifestacións autonomistas, a unha reunión do Partido Comunista de España en Avignon, en 1970, ás primeiras eleccións en democracia en 1977. Xustamente este días que se celebra o 50 aniversario da Revolución dos Cravos en 1974, grazas á cámara de Xabier Pousa podemos ver no MOCA tres gravacións realizadas nese momento en Portugal, en Porto, sendo testemuñas do que estaba a ocorrer no país veciño. Ademais diso a súa colección restaurada agora polo MOCA achéganos a tradicións e costumes do seu tempo. Cámara en man, o artista recolle festas, celebracións familiares, misas, enterros, procesións e mesmo a matanza do porco. Deixando un arquivo de testemuña dun mundo que xa non existe o do que o de hoxe é unha réplica. Todos eses rexistros están dispoñibles no MOCA nesta exposición virtual dividida en seis seccións: Ollada costumista; Ollada histórico-política; Ollada entre amigos; Ollada viaxeira; Ollada en familia e Cadros Filmados. A iso hai que engadir a exposición virtual de pintura e cine doméstico "Pousa a 18 pinceladas por segundo"