Falece o creador chairego Anxo Lamas

O artista foi enterrado onte o cemiterio de Bazar, Castro de Rei

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Na madrugada de domingo falecía no Hospital de Lugo o artista chairego Anxo Lamas, logo dunha longa enfermidade. O pintor e escultor, especializado en traballos sobre madeira, contaba con 76 anos e desenvolvera unha intensa lavor como activista cultural da comarca da Chaira. Os seus restos foron enterrados onte no camposanto de Bazar, en Castro de Rei, onde vivía. Lamas recibira ao longo da súa carreira recoñecementos como o premio de honra do Iescha, o título de Veciño de Honra de Bazar, o de Baluro de Honra de Castro de Rei ou a Navalla de Manuel María en Outeiro de Rei.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castro de Rei, Manuel María, Lugo

Claves

Protagonistas