Na madrugada do pasado día 29 faleceu aos 73 anos de idade no Hospital Universitario de Lugo (HULA) o párroco e activista cultural Xosé Manuel Carballo Ferreiro (San Martiño de Goberno, Castro de Rei, 1944).
Carballo sinalouse como un home comprometido socialmente e coa cultura e a galeguidade e levou a cabo unha intensa actividade de dinamización tanto social como cultural. Foi concelleiro independente na súa vila natal, escritor de textos populares como as Parábolas Chairegas ou Don Otto de viaxe pola chaira e tradutor de obras teatrais ao galego. Presidiu unha comisión de impulso e normalización do uso do galego nas áreas de relixión, servizos sociais e inmigrantes creada pola Xunta de Galicia. Dirixiu varios grupos de teatro. Ten realizado múltiples actuacións de maxia ou ilusionismo, e foi animador e mestre de magos e "padriño" do Colectivo Máxico Waldemar de Lugo.
Nun discurso feito para a celebración das súas Vodas de Outro como sacerdote o pasado mes de maio, Carballo Ferreiro daba de novo boa mostra do seu talante e bo humor, así como da súa visión da relixión que profesaba e de si mesmo. "Creo nun Deus de inmenso sentido do bo humor -dicía o chairego- Á vista está: Se Él, que o sabe todo, me chamou a min, un chiribí escuchimizado que ó poñerse de perfil non hai catarro que lle apunte, para ser venerable sacerdote, ten que ser un humorista insuperable." Ata pouco antes da súa morte Xosé Manuel Carballo mantivo activo un blog persoal no sitio web da Diócese de Mondoñedo no que ía escribindo de diversos temas.