Identificadas pinturas rupestres prehistóricas en Vilardevós

A Xunta procederá ao seu estudo e protección

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Dous veciños do val do Támega, Bruno Rúa e José Luis Lozano, localizaron un abrigo con pinturas rupestres no concello de Vilardevós (Ourense). Debido á atipicidade das pinturas (debido ao clima galego non se conservan) puxéronse en contacto con especialistas en prehistoria, como Fernando Carrera, director da Escola Superior de Restauración, ou a profesora e arqueóloga da Universidade de Vigo Bea Comendador, que confirmaron a relevancia do achado. As pinturas incríbense na arte esquemática, tamén presente nas provincias limítrofes castelás e portuguesas. Os investigadores alertan da fraxilidade das pinturas, ao atopárense ao aire libre. A súa localización non foi desvelada para facilitar a súa protección.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prehistoria, Universidade de Vigo, Ourense, Arqueoloxía

Claves

Lugares