Presentan dúas visitas virtuais a abrigos con pinturas rupestres de Ourense

O web pretende contribuír á preservación dos espazos reducindo o impacto humano sobre eles

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Lenda en Penedo Gordo. Ilustración: MeliMolita (Manuela Elizabeth Rodríguez)

Lenda en Penedo Gordo. Ilustración: MeliMolita (Manuela Elizabeth Rodríguez)

En febreiro de 2018 deuse a coñecer a noticia da aparición, en Vilardevós, dun abrigo rupestre que preservaba aínda un tipo de arte prehistórica nada frecuente en Galicia: pintura esquemática. E en 2019 tamén se puido documentar outro abrigo rupestre no Castelo de Lobarzán, durante o transcurso dunha intervención arqueolóxica máis ampla. Agora, baixo a dirección da profesora da Universidade de Vigo Beatriz Comendador, membro do grupo GEAAT, o equipo Premedia publicou unha visita virtual aos dos sitios arqueolóxicos "con múltiples recursos que permiten somerxerse no coñecemento destes xacementos sen causar impacto humano neles e salvando as dificultades de acceso a eles". As visitas virtuais permiten visitar en 360º os reducidos espazos nos que se preservan as pinturas, analizalas con fotografías tratadas dixitalmente e mesmo mergullarse na tradición oral sobre eses espazos da man de GIFS elaborados por MeliMolita (Manuela Elizabeth Rodríguez), ademais de acceder á documentación científica producida nestes anos.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Tradición oral, Castelo, Universidade de Vigo...