A Xunta de Galicia incoará o expediente para a declaración como Ben de Interese Cultural dos catro abrigos prehistóricos con arte esquemática pintada localizados nos últimos anos en Galicia . Asà o anunciou a arqueóloga e profesora da Universidade de Vigo Beatriz Comendador no transcurso dunha conferencia impartida esta tarde no Consello da Cultura Galega, na xornada "Paisaxes tatuadas: a arte esquemática pintada no noroeste peninsular á luz dos novos achados". Trátase dos sitios prehistóricos de A Cova dos Mouros (Baleira, Lugo), Pala das Cabras (Casaio, Carballeda de Valdeorras, Ourense), A cerca das Laxes das Chás (Oimbra/Monterrei, Ourense) e Penedo Gordo (Vilardevós, Ourense). Os catro sitios arqueolóxicos son as primeiras evidencias de arte esquemática pintada localizadas en Galicia, un tipo de arte rupestre de gran presenza no resto da PenÃnsula Ibérica. Ata o 2017, a arte rupestre galega, localizada en gran medida na zona occidental do paÃs, estaba gravada nas pedras e correspondÃa con motivos amplamente difundidas nas ribeiras atlánticas.
AÃnda que toda a arte rupestre do paÃs ten por defecto a consideración de Ben de Interese Cultural de acordo coa Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, Beatriz Comendador expresou preocupación pola conservación destes valiosos sitios prehistóricos. "Cada vez que visitamos a cova das Laxes das Chás atopamos o solo removido", sinalou, polo que o equipo investigador se puxo en contacto coa Dirección Xeral de Patrimonio para que se impulsara unha declaración de Ben de Interese Cultural. Isto permite non só visibilizar a relevancia histórica dos sitios, senón sobre todo xenerar un instrumento administrativo e unha figura legal para a súa protección. A declaración BIC permitirá delimitar a extensión dos sitios arqueolóxicos, os seus usos e limitará o tipo de accións que se poden levar a cabo nas súas proximidades. Pero, ao tempo, é un recoñecemento da relevancia dos catro sitios para coñecer a presenza en Galicia dunha arte rupestre situada entre o IV e o III milenio e que é unha testemuña da transición entre as sociedades de cazadores-recolectores cara as comunidades produtoras que iniciaron a agricultura no noroeste ibérico.