Un xacemento "excepcional, tanto na rexión do Támega coma nun ámbito máis rexional". Deste xeito cualifica a arqueóloga Beatriz Comendador os restos descubertos na contorna das pinturas rupestres de Penedo Gordo ou Penedo da Moura, en Vilardevós. As investigacións, que se desenvolveron da man da Universidade de Vigo, permitiron verificar a existencia de diferentes niveis de ocupación, prehistóricos e históricos, na zona, entre eles indicios "como restos de pigmentos e minerais con capacidade pigmentante", que semellan estar relacionados "coa realización das pinturas, polo menos nalgún dos momentos desta actividade".
A estes sumouse a aparición de material lÃtico "con variabilidade das materias primas soporte representadas: cuarzo hialino, cuarzo, cuarcita (local e foránea), sÃlex e xisto ou lousa" ademais de presenza de cerámica prehistórica, algunha con decoración plástica ou incisa. Os estudos desenvolvidos "ofrécennos moitas posibilidades de investigar cousas que non se tiñan estudado ata o de agora", comenta esta investigadora a lembrar que esta zona supón "a fronteira natural entre a gran rexión bioclimática atlántica e a rexión bioclimática mediterránea, pola que preferentemente se expande a tradición de arte esquemática pintada en Europa Occidental".