Fene acollerá este sábado a I Gala dos Medios en Galego

O Día dedicado aos espazos de comunicación na nosa lingua celébrase o 7 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A Liga de Amigos de Barallobre, en Fene, acollerá este sabado 3 de febreiro a partir das 12 da mañá a I Gala dos Medios en Galego. Este evento contará coa presenza de Paula Carballeira, Uxía Sanmartín e o colectivo literario Moraima ademais de representantes de meios en galego e de diferentes partidos políticos e movemento sociais. O acto inicia as celebracións da primeira xeira do Día dos Medios en Galego. A nova efeméride, que se celebra o 7 de febreiro, homenaxea o nacemento en 1876 de O Tío Marcos da Portela, primeiro medio en galego.

A Asociación de Medios en Galego promove esta celebración para "contribuír ao recoñecemento institucional daquelas iniciativas pioneiras que procuraban a toma de conciencia dos problemas do país e reflexionaban na búsqueda de solucións" e "visibilizar os medios de comunicación que utilizan a lingua galega e poñen o foco na realidade do país".

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fene, Paula Carballeira, Lingua galega, Medios de comunicación...