Unha guía didáctica convida a coñecer a historia dos medios en galego

A Asociación de Medios en Galego e a Deputación da Coruña poñen en liña esta publicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Unha guía didáctica convida a coñecer a historia dos medios en galego

Coñecendo a historia dos medios en galego é o título da guía didáctica coa que a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) convida a coñecer a historia destes espazos de comunicación. A publicación está dispoñible no web da Deputación da Coruña, que apoiou esta iniciativa no marco da celebración do Día dos Medios en Galego este 7 de febreiro, e mais na de AMEGA.

A proposta, realizada pola Cooperativa Mazarelos, está deseñada para chegar a diferentes etapas educativas. Para alén de repasar a historia de publicacións galegas desde O Tio Marcos d'A Portela ata a actualidade, a publicación pretende tamén formar sobre o manexo dos medios de comunicación, os riscos da desinformación ou a identificación de ideas principais e secundarias a partir material dos medios en galego que existen na actualidade.

Canda a un repaso polas diferentes etapas da evolución mediática do país, a Guía achega tamén unha completa listaxe de cabeceiras e propostas neste campo.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Asociación de Medios en Galego, Deputación da Coruña, Medios de comunicación...