Alfonso Cabaleiro, Secretario Xeral de Relacións cos Medios Informativos da Xunta de Galicia, asegurou onte no Consello da Cultura Galega que "a Xunta ampliará as axudas especÃficas para medios en galego". Cabaleiro realizou estas declaracións durante a conferencia coa que rematou a xornada sobre a situación dos medios en galego convocada polo CCG. "Antes de presentalo queremos coñecer en profundidade outros modelos similares", asegurou Cabaleiro, "a nova liña de axudas non poderá saÃr cando menos ata 2012".
Cabaleiro asegurou que o Goberno está traballando na reforma de varias das leis autonómicas vinculadas á comunicación. "A lei de publicidade institucional está xa desenvolvida, e imos incorporar máis criterios de transparencia". Cabaleiro tamén aludiu á reforma da lei da CRTVG e á solución do "gran problema de falla de consolidación laboral". Para o Secretario Xeral, "temos que resituar aos medios públicos na sociedade dixital". O responsable das polÃticas públicas de comunicación fixo fincapé no novo escenario do sector: "hai que prestar atención ás novas formas de comunicación. As axendas dos medios tradicionais xa non son hexemónicas e os novos micromedios teñen un espazo de seu".