Mar Sánchez Sierra é a nova secretaria xeral de Medios

Substitúe no posto a Alfonso Cabaleiro

22/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O consello da Xunta deixou novos nomeamentos no Executivo, un deles no que ten lugar na Secretaría Xeral de Medios. Cesa Alfonso Cabaleiro, que deixa o seu sitio a Mar Sánchez Sierra, que ata o momento era a directora xeral de Comunicación. Sánchez Sierra ten entre os seus retos desta lexislatura, o desenvolemento de retos que quedaron pedentes da anterior lexislatura como a aprobación da Lei de Publicidade Institucional, a de promoción de medios de comunicación de Galicia e reforma da do audiovisual. Ademais, será no seu mandato cando se execute o establecido na nova lei da CRTVG que converte o organismo público nunha corporación, así como a actividade do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) adscrito a este departamento desde o ano 2006.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI, CRTVG...