O CGAI abrirá ao público 5.000 películas coa creación dunha mediateca

O centro contará catro postos de visionado para usuarios

12/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Centro Galego de Artes da Imaxe abrirá ao público en decembro a “Mediateca Jose Luis Cabo”, en homenaxe ao que fora o director da institución finado hai dous meses. Trátase de por a disposición de investigadores e usuarios unha colección de 5.000 titulos entre producións galegas e estranxeiras, así como os fondos do NO-DO cedidos ao CGAI “grazas as xestións do anterior ministro de Cultura, César Antonio Molina” apuntou Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios. A filmoteca contará con catro postos de visionado, situados ao lado da biblioteca do centro. Entre os retos de futuro desta institución, tal e como apuntou Cabaleiro, está “o de estender as súas actividades a outras cidades de Galicia”.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, César Antonio Molina, Centro Galego de Artes da Imaxe