O CGAI abre ao público unha mediateca con máis de 7.500 filmes

Prestarán os filmes dos que a Xunta ten dereitos de difusión

26/1/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

7.500 títulos en DVD, 10.000 libros e 6.000 revistas. Estas son as cifras da mediateca que o Centro Galego de Artes da Imaxe acaba de abrir ao público. Estará aberta de 10:00 a 14:00 horas con dez postos de consulta para investigación, cinco cabinas de visionado. A mediateca, que levará o nome do anterior director do CGAI, José Luis Cabo, emprestará as producións audiovisuais sobre as que a Xunta ten dereitos de difusión e as películas restauradas polo CGAI.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, DVD, Centro Galego de Artes da Imaxe

Claves

Conceptos