A lei de Comunicación e de Publicidade Institucional será a primeira do paquete de reformas do ámbito administrativo e xurÃdico que a Xunta prepara para o sector audiovisual. Asà o comunicou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, no Parlamento ao tempo que deixou claro que a tan anunciada reforma da CRTVG quedará para a segunda metade da lexislatura e que irá paralela a outra nova lei para o audiovisual galego. A lei da CRTVG concretará, tal e como anunciara Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, hai uns meses “todas as dúbidas sobre o tipo de apoio do ente publico a series e programas, ás producións independentes e cultura, e como se seguirá o cumprimento do 5% da produción audiovisual”.