“O reto é que na semana que se entreguen os Mestre Mateo o Consorcio Audiovisual Galego xa esté en marcha”. Apuntou Alfonso Cabaleiro, na presentación da gala de entrega dos premios do audiovisual. Pero para que iso esté listo queda un trámite administrativo farragoso de por medio: a aprobación e actualización de numerosos decretos (a lei do audiovisual incluÃda) que posibiliten o que o goberno leva meses apuntando, que o Consorcio Audiovisual será a “fiestra única” do sector. A súa reactivación (leva máis de tres meses sen director e sen persoal) depende do encaixe xurÃdico e administrativo, asà como a aprobación da Lei Xeral do Audiovisual estatal, que foron adiando o seu novo rumbo. Ademais, Cabaleiro anunciou que xa se enviaron ao DOG as axudas para o sector audiovisual que inclúen, como novidade, que as series de animación están dentro das subvencións a producións ou coproducións audiovisuais; asà como que este ano tamén se recuperará a rehablitación das liñas de axudas a través do IGAPE. Cabaleiro tamen avanzou que a AGADIC será quen convoque as subvencións, pero que espera que se resolvan baixo o amparo do Consorcio.