Chega para converterse na pedra angular da polÃtica audiovisual da Xunta. O Consorcio Audiovisual será o organismo único que xestione as competencias do sector audiovisual, pero leva meses de retraso. Parece que será neste mes de abril cando se poña a andar e atoparase cun sector en crise cun futuro incerto.
“O Consorcio Audiovisual de Galicia vaise encontrar que, coa súa tardÃa irrupción no organigrama polÃtico e administrativo, xa non é só un problema de xestión polÃtica administrativa, senón que tamén arrastra a superposición da crise estrutural do audiovisual en todo o mundo”. Asà de claro fala Antón Reixa, non só desde o seu punto de vista como produtor, senón como presidente do Clúster Audiovisual que representa a 56 empresas deste sector. Para el, neste momento de crise económica motivado pola irrupción das novas tecnoloxÃas que están a mudar o modelo de negocio “nun momento no que o audiovisual tiña que consolidar as ferramentas públicas de apoio a produción de xeito estable, e no marketing e comercialización, todo chega tarde”. Hai máis de dous meses, mantiveron unha xuntanza cos responsables polÃticos para presentarlles o seu diagnóstico do sector e, daquela o Clúster presentoulle un plan de choque. Malia que é tarde, para Reixa non está todo perdido, senón que hai que “recuperar todo ese tempo” e asà llo van repetir ao novo Consorcio. Nesta mesma liña se pronuncia Ramón DomÃnguez, director dunha das empresas máis lonxevas no sector audiovisual e presidente de Aega, Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual que agrupa a entidades como Filmanova, Voz Audiovisual, Adivina ou CTV que “o principal está en recoñecer a importancia do sector, saber que é manidamente denominado estratéxico, penso que é importante non só economicamente senón tamén cultural e socialmente polo que representa e que na última lexislatura foi perdendo peso”.
No informe, Primeira Avaliación do impacto da crise económica no ámbito cultural de Galicia elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, apuntanse datos relativos a 2009 sobre a situación do sector. Nel debúxase un panorama bastante desalentador con descenso de espectadores, baixada da recadación, desaparición de salas de cine e problemas financeiros das empresas. “En resumo, 2009 perdeu máis de 320 mil espectadores e de 2 millóns de euros en facturación respecto ao ano anterior. En xeral, o descenso global de público no último trienio supera os 500.000 espectadores” asegura este informe que contén os primeiros indicadores ofrecidos para este sector, aÃnda que só fai referencia ao consumos de productos cinematográficos. Os datos sobre o sector máis recentes son relativos a 2008 e, memorias como a de FAPAE, manifestan unha tendencia negativa da facturación do sector audiovisual galego. Se no 2005 Galicia era a terceira comunidade en facturación de todo o Estado, un ano despois pasou a compartir ese posto con AndalucÃa, mentres que no 2007 xa quedou relegada a un quinto lugar, por debaixo tamén de Valencia. As cifras son clarividentes, aÃnda que cómpre informes máis actualizados que chegarán ao longo dos vindeiros meses que poderán confirmar se se mantén este sector. En todo caso, noutras comunidades como a catalá estanse a preparar unha reforma profunda do marco normativo que, ademais de optar por medidas claramente proteccionistas da cinematografÃa, contará tamén con outras iniciativas (non exentas de polémica), como unha cota de pantalla na que o 50% das copias que se distribúan estean dobradas ao catalán.
Os retos
O Clúster ve como necesidades inmediatas do sector actuar en dúas liñas ben definidas e orientadas. Dunha banda “potenciar os segmentos financeiros e conseguir un orzamento complementario para a CRTVG xa que este ano, na contratación de produción externa ten unha baixada dun 30% que se traduce en 7 millóns de euros menos". E, da outra, hai outra liña de acción que ten moito que ver co investimento de futuro. “O clúster ten sido moi activo en I+D e as dotacións nesa partidas están paralizadas, por poñer cifras concretas, en 2010 o Clúster recibiu aproximadamente o cincuenta por cento do que viña recibindo e este ano as xestións están paralizadas e por iso é moi urxente” avanza Antón Reixa. Por outra banda, desde Aega, Ramón DomÃnguez fala de “inxectar novo dinamismo ao sector que, non será con cantidades extraordinarias económicas senón un orzamento que non se reduza, como nos últimos anos, e que permita conservar a estrutura industrial”, ademais da necesidade incrementar o esforzo en promoción exterior.
O futuro
O Consorcio Audiovisual de Galicia é unha figura creada ao amparo da lei do audiovisual de Galicia (6/1999 de 1 de setembro). Na lei, a entidade foi creada para a “potenciación das accións institucionais”. O Consorcio é unha entidade de dereito público composto por representantes de diferentes administracións (concellos, deputacións, e a Xunta a través de varios departamentos como Cultura ou EconomÃa) ata diferentes asociacións profesionais, institucións e asociacións que non persigan ánimo de lucro. No decreto de constitución, o Consorcio deixa ben claro que o seu interese é “o pulo e desenvolvemento dunha industria cinematográfica galega”. En todo caso, pouco se sabe do futuro desta nova entidade. Nalgunha rolda de prensa, Cabaleiro deixou entrever que tanto Televisión de Galicia como o Igape terán maior peso no consello directivo e nas distintas comisións de funcionamento. Ademais da paridade, o novo Consorcio está presidido pola ConsellerÃa de Cultura e terá como vicepresidente ao responsable da SecretarÃa Xeral de Medios. No consello directivo estarán os representantes das consellerÃas de Cultura, Educación, EconomÃa e Industria, Facenda, e Traballo. A Agadic estará presente como un dos representantes de Cultura e o mesmo sucederá con PolÃtica LingüÃstica a través de Educación e o director do CGAI a través da SecretarÃa Xeral de Medios. En todo caso, ata que se publique a nova orde, non se poderán concretar os cambios e, segundo apuntou Alfonso Cabaleiro nunha rolda de prensa dunha actividade da Academia Galega do Audiovisual, será neste mes de abril cando se concrete a nova estrutura sobre a que se ha de asentar a polÃtica audiovisual.
Boa parte da actividade que desenvolva o Consorcio Audiovisual de Galicia estará definido polo carácter do seu director-xerente. Tal e como apunta Antón Reixa, “seica foi unha das circunstancias que motivou o retroceso do cambio, xa que debe ser unha figura profesional que ademais de xestionar a vontade polÃtica compre demostrar coñecer o ámbito da cultura e de medios”. Reixa non verÃa con malos ollos que o proceso de selección se producira por concurso de méritos tal e como se está a facer noutros ámbitos da cultura como o teatro ou a arte, “sempre e cando o proceso non se dilatase no tempo”. Para Ramón DomÃnguez, “penso que pode haber opinións diversas, pero penso que o responsable do sector audiovisual de calquera paÃs é o goberno e debe ser el quen nomee a esa persoa, como tamén será el a quen lle imos pedir explicacións”. Iso si, o responsable de Aega considera que “hai que se eficaces e buscar un profesional que coñeza ben tanto o sector empresarial como o cultural e poida achegar as claves para potencialo e apoialo”.