O secretario xeral de Medios afirma que recibirán axudas todos os festivais de cine que o soliciten

Trala eliminación da convocatoria de axudas de concorrencia competitiva

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A política de axudas a festivais, mostras e xornadas audiovisuais xa non se desenvolverá a través dunha convocatoria pública de concorrencia competitiva tal e como se fixo nos últimos anos. Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, explicou hoxe no marco da presentación da VII edición do Festival Amal, que “a Xunta apoia a todos os festivais que solicitaron axuda”. Agora ben, o secretario xeral apuntou que “non son sempre as cantidades que nos gustarían” ante a situación de crise económica. En todo caso, Cabaleiro apuntou que a Xunta desenvolverá unha liña de apoio firme e decidido ao sector audiovisual.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un cambio tranquilo

Un cambio tranquilo

A Xunta reunirase co sector audiovisual para consensuar a vindeira convocatoria de axudas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Amal, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)