“Non importa tanto onde están as competencias na materia senón por que, para que e con que obxectivos” apuntou Alfonso Cabaleiro, o secretario xeral de Medios, ante un expectante auditorio que esperaba ter sobre a mesa a estrutura orgánica da Xunta no que ao sector audiovisual se refire. Non o fixo pero explicou os motivos polos que non debe ser un cambio precipitado. No entanto, deixou ben claro que “o importante é que a actividade do sector non se paralice”.
A terceira das mesas de debate chamadas As regras do xogo e organizadas pola Academia Galega do Audiovisual, puña sobre a mesa a cuestión de “¿quen manda no audiovisual?” ou o que é o mesmo, saber quen é a entidade administrativa competente no sector audiovisual. Non era unha cuestión baladÃ, a estrutura dobre creada polo bipartito (con competencias repartidas entre a SecretarÃa Xeral de Comunicación e a consellarÃa de Cultura) foi duramente criticada polo sector que clamou unidade diante do anterior presidente Emilio Pérez Touriño. Co cambio de goberno, no que o Partido Popular incluÃu esa demanda no seu programa electoral, o sector olla cara a Xunta para coñecer cal vai ser a súa polÃtica audiovisual. Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, non desvelou as claves de futuro, pero si explicou o que están a facer neste momento. “A Xunta está traballando para que exista unha soa realidade administrativa, pero iso só é posible cun marco legal axeitado” apuntou. E esta é a dirección.
Un novo marco legal
Xa o avanzara na presentación do foro da Academia, “A Xunta ten unha única polÃtica que é respecto á liberdade e á creación que pasa pola reforma legal do ámbito administrativo e xurÃdico e que se concretará na reforma de media ducia de leis (entre elas a do audiovisual galego, a da CRTVG, a de publicidade institucional)” explicou naquel momento. Onte, Cabaleiro insistiu na necesidade da reforma lexislativa polo contexto económico e tecnolóxico no que se move o sector audiovisual. Deixou entrever que para a Xunta está “claro que o sector audiovisual é unha realidade cultural e teremos en conta o seu compoñente cultural pero tamén o industrial, o de laboral”. Pero non se pronunciou sobre se a entidade encargada de coordinar a todas as entidades será o consorcio, unha axencia ou un consello. Será “un organismo único” limitouse a comentar.
En canto á orientación da nova polÃtica audiovisual, Cabaleiro apuntou que “temos que partir da base que se é un sector produtivo non pode depender das axudas públicas e da CRTVG. O sector estratéxico ten que esforzarse máis por abrir novas vÃas comerciais externas”. Máis avanzado o debate, matizou que a “CRTVG terá un papel de primeira liña, que atenderá a producións independentes, pero buscarase unha maior vinculación coa televisión e unha maior viabilidade dos proxectos”. Canda iso, tamén apuntou que nese novo marco xurÃdico é onde se concretarán todas as dúbidas sobre o tipo de apoio do ente publico a series e programas, ás producións independentes e cultura, e como se seguirá o cumprimento do 5% da produción audiovisual.
Un camiño continuado
Reformar un marco legal é un proceso moi lento, que está fóra dos ritmos de traballo do sector audiovisual e Cabaleiro apuntou que “o importante é que non se paren”. Aludiu a que resolveron as axudas a produción nos prazos comprometidos e a convocatoria de axudas a presenza en festivais e prometeu que o “vindeiro ano procuraremos que sexan maiores”. Ao mesmo tempo, anunciou que na última semana de novembro a SecretarÃa Xeral de Medios reunirase con representantes do sector para consensuar a vindeira convocatoria de axudas do sector.
En canto aos prazos de cando se avanzaran as liñas da nova reforma, Cabaleiro apunta que será entre finais deste 2009 e principios de 2010, cando se perfile todo o marco normativo e administrativo no que se moverá o sector audiovisual. Ademais, o secretario xeral apuntou que “é moi importante escoller á persoa, pero non será doado. Hai xente valiosa que está metido noutros ámbitos laborais e profesionais que non poderá montar, e porque ten un perfil moi complicado xa que non só buscamos un xestor, senón case un filósofo que teña esa compoñente tecnolóxica, laboral, industrial… ”.
As demandas
Mentres non chegue esa estrutura (con responsable incluÃdo), Alfonso Cabaleiro indicou que a palabra clave para o goberno era “escoitar” e, tanto o resto da mesa de debate como o público indicáronlle o camiño. Para Rafael Bermúdez, representante da coordinadora de profesionais do audiovisual galego, o importante é a “unidade e flexibilidade” desa entidade que se encargue de dirixir as polÃticas do sector. Jorge Algora, que acudiu á mesa como representante de Agapi, Aega e do Clúster, insistiu nesa necesidade de organismo único e aclarar cal é o escenario. Entre o público asistente, Manuel Cristóbal, responsable da produtora Perro Verde Films apuntou a nivel de axudas unha maior “simplificación e modularidade (formularios comúns a outras convocatorias de axudas)” , asà como un apoio decidido e concreto ao sector da animación. Pola súa parte, Enrique Nicanor incidiu na necesidade de que o marco lexislativo atenda a “formación, produción, distribución e mercado”.