A CTNL presenta a campaña Como cho digo

A iniciativa quere potenciar a presenza do galego nos medios

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
A CTNL presenta a campaña Como cho digo

Visibilizar nos medios de comunicación a presenza do galego é o obxectivo de Como cho digo. A Coordinadora de Traballadores/as da Normalización da Lingua presentaba onte pola tarde a súa nova campaña. Logo do éxito de Gústame o galego o colectivo reúne rostros coñecidos de diferentes ámbitos para reivindicar que os medios de comunicación usen a nosa lingua "cando menos, para informar dos actos desenvolvidos en galego, para reflectir as declaracións cando se fan en lingua galega, para crear informacións a partir de notas e comunicados redactados na nosa lingua". Francisco Pérez, Xosé Manuel Pereiro, María Reimóndez, Manuel Bragado ou María Mera son algúns dos nomes que xa se sumaron á iniciativa. Colectivos como A Mesa, as asociacións de Editores e Escritores, a Asociación Socio-Pedagóxica ou Nova Escola Galega tamén apoian a iniciativa.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, CTNL, Manuel Bragado, Xosé Manuel Pereiro...