Bota a andar Agasallo.eu

O novo web permite adquirir produtos en galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Bota a andar Agasallo.eu

Esta mesma mañá botou a andar o web Agasallo.eu. A plataforma, promovida pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, achega un completo catálogo de produtos na nosa lingua que se poden adquirir en liña. Xoguetes, discos, libros, subscricións a medios de comunicación ou prendas de roupa son algunhas das propostas que se reúnen nunha iniciativa que pretende trascender as festas do Nadal e que permite mesmo crear catálogos personalizados a partir dos produtos dispoñibles.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Nadal, Medios de comunicación, Secretaría Xeral de Política Lingüística