Dez medios únense para concienciar da importancia da comunicación en galego

A campaña Vitaminas para o galego presentouse esta fin de semana en Arzúa

Logotipo da campaña Vitaminas para o galego
Logotipo da campaña Vitaminas para o galego
No marco da feira Terractiva, en Arzúa, presentábase este sábado a campaña Vitaminas para o galego. Dez medios na nosa lingua, Galicia Confidencial, Novas da Galiza, Praza pública, Radiofusión, Tempos Novos, certo.gl, quepasanacosta, O Sil, valmiñor.info e crónica3 participan neste proxecto que quere concienciar a sociedade da importancia de contar con medios na nosa lingua. O proxecto desenvolverá ao longo dos vindeiros meses concertos, presentacións e relatorios por todo o país, e editou xa diferentes elementos promocionais como paraugas ou calendarios. Segundo apuntan os promotores, un dos obxectivos da iniciativa é "axudar á supervivencia dos medios na lingua do país, así como impulsar o nacemento de novas cabeceiras".