A campaña Vitaminas para o galego supera os seus obxectivos de redacación

Acumula 4.100 euros a falta de 20 días para que remate o prazo de fazer achegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Tiñan 40 días para conseguir 3.300 euros, e cando aínda lles quedan vinte, xa teñen 4.100. A campaña de crowdfunding Vitaminas para o galego, que quere potenciar os medios de comunicación na nosa lingua superou con creces as achegas que solicitaba mediante a plataforma Verkami.com. Máis de cen persoas colaboraron con esta proposta, que pretende divulgar e favorecer a subsistencia de medios na nosa lingua mediante material promocional, presentacións e apoio económico directo. Ademais dos promotores iniciais, sumáronse á campaña Terrachá.xa, Crónicas da comarca (Arzúa - Melide) e Radio Nordés (Vimianzo).

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Nordés, Arzúa, Vimianzo...