Nace unha asociación de medios en galego

O proxecto conta con dez entidades e xorde da experiencia Vitaminas para o galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Un total de dez medios de comunicación presentaban onte a Asociación de Medios en Galego. O colectivo, presidido por Henrique Sanfiz, de Radiofusión, pretende consolidar un espazo de comunicación na nosa lingua, representando os seus asociados ante as administracións e explorando vías para garantir a viabilidade dos mesmos. A entidade, que nace da campaña Vitaminas para o galego, conta polo momento con Tempos Novos, Novas da Galiza, Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa, Xornal Certo, Radiofusión, de Luns a Venres, Praza Pública, O Compás e Valminor.info. Segundo aseguran, cabeceiras como Sermos Galiza amosaron tamén o seu interese en participar no proxecto.

Hai uns anos existira xa unha Asociación de Medios Escritos en Galego na que participaban A Nosa Terra, A Peneira, Tempos Novos, Vieiros e Galicia Hoxe. A diferenza dela, o novo colectivo sinala que está aberto a todo tipo de soportes e opcións normativas para a nosa lingua.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación de Medios en Galego, Tempos Novos, Medios de comunicación, Sermos Galiza...