Continúa o proceso de recuperación e reinterpretación de máscaras tradicionais de Entroido. Neste ano, chegan novas de Lobios, onde parte da veciñanza recreou a partir da memoria das xente maior os Follateiros. Estas máscaras, elaboradas con follas de millo e carozos, non existÃan como personaxes no lugar e recrean o costume de mesturar roupa e follato para se disfrazar nestas datas. Tamén as follas do millo están na base dalgunhas das máscaras dos Vixigueiros de Samede, que saen de novo este ano á rúa desta localidade de Paderne. Con diferentes feituras, estes personaxes son antagonistas dos Bonitos e Bonitas, contan con cornos e portan vixigas coas que baten en quen non vai disfrazado. Ao longo destes mes diferentes obradoiros ensinaron técnicas para construÃr estas máscaras.
Pola súa banda, Vilardevós verá por cuarto ano consecutivo a saÃda dos Chocalleiros. O vindeiro dÃa dez será a primeira saÃda destes personaxes coronados cunha mitra e armados cun pau cun saco. A Asociación Cultural Os Chocalleiros é responsable do renacer desta máscara.