A illa de Ons recupera o seu Entroido tradicional

As máscaras e os mudados percorrerán os camiños do lugar este domingo 2 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A illa de Ons recupera o seu Entroido tradicional

Logo de medio século sen se celebrar, a Illa de Ons recupera este domingo 2 de marzo o seu entroido tradicional. Os personaxes das máscaras e os mudados percorrerán de novo uns camiños polos que desfilará tamén a figura de palla que representa o Entroido en si. O programa inclúe unha fiada da man do colectivo Arredor da Tradición.

O Concello de Bueu e a Asociación de Veciños e Amigos da Illa de Ons promoveron a recuperación desta festa a se apoiar nas investigacións do filólogo José Manuel Dopazo, que á súa vez recuperou gravacións e fotografías do antropólogo Staffan Mörling realizadas desde os anos 60.

Con ocasión desta celebración, haberá un servizo especial de barcos entre Bueu e a illa, que sairá ás 10:30 horas e regresará ás 18:00.

Que che parece esta nova?
124 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: Entroido

Redescubre con nós as celebracións de Entroido en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Ons, Manuel Dopazo, Concello de Bueu...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares