Dosier: Arrinca o Entroido

Continúa a vaga de recuperación de tradicións propias desta época

Coa fin de semana arrincan as celebracións de Entroido en todo o país. A seguir a tendencia dos últimos anos, cada vez máis máscaras tradicionais voltan as rúas. É o caso dos Maragatos e Bonitos de Anllo, na Ribeira Sacra, que sairán de novo logo de case cincuenta anos. Na costa da morte, Madamitos e Guardianeiros percorrerán Malpica ou Cerqueda, e o Caietano volta por segundo ano a Laxe. En Boborás, no entanto, a crise fixo mella e non sairán este anos os felos coas súas corozas. Coñece máis das celebracións de Entroido no noso Dosier.

As máscaras
Unha reportaxe sobre os xigantes e cabezudos, unha curiosa historia que tamén ten a ver coas máscaras tradicionais do noso Entroido.

Un entroido con oso
A figura do Oso fai do Entroido de Salcedo unha festa única no noso país, que mantén grandes paralelismos co coñecido "Día da Marmota" de Estados Unidos.

Filloa ou crepe?
Descubre as diferenzas desta sobremesa típica de entroido

Os disfraces máis orixinais
Existe toda unha variedade de xeitos de se disfrazar menos elaboradas e pouco coñecidas que tamén pertencen á nosa tradición. Coñécea!

Todo o que sempre quixeches saber e nunca te atreviches a preguntar
Pregúntalle ao noso boteiro todo o que queiras sobre o Entroido

Os xenerais menos autoritarios
O enfrontamento entre correos e xenerais, un clásico que se recupera todos os anos

E nas cidades?
Tema do día sobre a recuperación de entroidos tradicionais en ámbitos urbanos (son os casos de Pontevedra, a festa da Pita en Ourense ou o Escabicheiro do barrio vigués de Teis)

As tradicións piden paso
As gárgolas de Celanova, a recuperación da figura do galo en Poio ou de tradicións coma o domingo de piñata en Marín, estase a ver un retorno cada vez maior ás formas tradicionais do Entroido lonxe de imitar os modelos foráneos de grande fama coma os carnavais de Tenerife ou do Brasil.