O Entroido dos Xenerais da Ulla arrinca cun "alto" nas redes sociais

Os veciños de Bama e de Fao desenvolven o tradicional enfrontamento verbal a través de Facebook

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O Entroido dos Xenerais da Ulla arrinca cun "alto" nas redes sociais

O tradicional "alto" ou "atranque" co que os Xenerais da Ulla se enfrontan verbalmente en cada Entroido, engade este ano unha novidade. Os veciños das parroquias de Bama e de Fao, en Touro, desenvolven por vez primeira un alto virtual a través do Facebook baixo a etiqueta #AltoBamaFao18. Neste enfrontamento, que botou a andar onte, cada un dos bandos publica os seus versos como comentarios á publicación orixinal, que por sorteo correspondeu á parroquia de Bama. Os "gústame" do público son os responsables de seleccionar quen vence no combate. Cada contrincante ten ata 48 horas para responder.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Ulla, Facebook

Claves

Conceptos
Lugares