Dentro da baterÃa de axudas ao sector cultural que adoita presentar a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) habitualmente nestes derradeiros dÃas do ano o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de subvencións á produción escénica. O orzamento desta partida é de 650.000 euros, o que supón un aumento na súa dotación do 7,6 por cento respecto ao actual ano 2017. Ademais deste incremento orzamentario, a convocatoria para 2018 introduce unha importante novidade respecto ás dos anos anteriores, xa que establece un mecanismo de discriminación positiva para garantir o apoio á produción dun mÃnimo de, polo menos, dous espectáculos de danza. Esta medida, demandada polas compañÃas dedicadas a este xénero especÃfico, foi acordada coas principais asociacións do sector. O obxectivo destas subvencións é favorecer a estrea de novas producións galegas cara á súa progresiva incorporación nas próximas carteleiras de salas, teatros, auditorios e festivais.
Mantéñense as catro modalidades das convocatorias anteriores, segundo se trate de montaxes levadas a cabo por compañÃas de nova creación e que non superen os 20.000 euros de orzamento; espectáculos de pequeno formato (ata tres intérpretes) que non excedan os 30.000 euros; de mediano formato (con entre catro e sete intérpretes) e que non contemplen máis de 60.000 euros de orzamento; e espectáculos de gran formato (compostos por máis de sete actores e actrices, manipuladores, bailarÃns ou músicos en escena) e que non rebasen os 80.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes para optar ás subvencións á produción escénica dará comezo mañá e manterase aberto ata o 26 de xaneiro de 2018. As bases, dispoñibles no DOG especifican que as solicitudes deben presentarse preferiblemente por vÃa electrónica e que a devandita presentación electrónica é obrigatoria para as persoas xurÃdicas e as súas representantes.