Atopan unha nova sauna castrexa en Cedeira

Durante as intervencións no Castro Sarridal

13/12/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: historiapatrimonio
48 lecturas | Compartido 0 veces

Fotograma do vídeo corporativo de presentación da sauna do Castro Carridal

Onte o equipo arqueolóxico dirixido por Emilio Ramil deu a noticia da aparición dunha nova sauna castrexa en Cedeira. Foi no transcurso das escavacións do Castro Sarridal, financiadas pola Dirección Xeral de Patrimonio nun sitio arqueolóxico de propiedade municipal. Trátase dun emprazamento fortificado ubicado ao carón dos cantís no mar. Os arqueólogos puideron confirmar onte que dúas estruturas que están a exhumar non eran espazos habitacionais, senón que correspondían a un monumento con forno, unha sauna castrexa. Trátase dun tipo de edificio que, aínda que coñecido especialmente no norte da antiga Gallaecia e na zona sur (norte de Portugal), non é moi frecuente localizar.

Universo culturagalega.gal

11/06/2024

O custe de facerse unha sauna

A nova campaña no castro cedeirés do Sarridal amosa que foi preciso destruír parte do poboado para construír o monumento en plena Idade do Ferro

18/11/2021

Espazos castrexos con memoria

As últimas escavacións no castro do Sarridal (Cedeira) desvelan un gran edificio público ao carón da sauna

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cedeira, Dirección Xeral de Patrimonio, Gallaecia, Norte de Portugal...