AÃnda que o verán é o gran momento das campañas arqueolóxicas, varias intervencións foron rematando nestas semanas e outras áinda se atopan en camiño. O castro de Viladonga, o forte romano de Bande ou a torre da Pena en Xinzo de Limia son algúns dos xacementos recén intervidos ou aÃnda en proceso.
Máis vivendas para o castro de Viladonga
A nova campaña financiada pola Xunta de Galicia no castro de Viladonga (Pol, Lugo) deixou ao descuberto 15 novas estruturas na croa do sitio arqueolóxico. En varias das estruturas localizadas atopáronse lareiras, o cal sinala que puideron ter un uso como vivendas. Os arqeuólogos tamén localizaron unha fouce, varias asas de bronce e fragmentos de cerámica. Segundo a ConsellerÃa de Cultura, os traballos “serviron para abundar no coñecemento dos sectores sur e oeste do castro”. A intervención permitiu reconstruÃr tamén muros que estaban moi arrasados e realizar unha limpeza de vexetación.
Consolidación de estruturas no forte romano de Bande
No forte romano de Bande traballa a Fundación Aquis Querquernnis, que desenvolverá traballos ata decembro. O director da intervención, Santiago Ferrer, puntualizou que a intervención centrarase na consolidación de estruturas que apareceron en anteriores campañas: en concreto un lenzo de muralla, ao edificio das letrinas e a un barracón do recinto militar romano. Un grupo de operarios está reconstruÃndo os muros para que fiquen a unha altura duns 50 centÃmetros, con dúas finalidades: pedagóxica, para axudar a comprender mellor as diferentes edificacións, e de conservación, xa que o o forte de Aquae Querquennae fica mergullado baixo as augas dun encoro durante varios meses ao ano.
Unha torre máis complexa
Tamén en Ourense, en Xinzo de Limia, está a escavarse a Torre de Pena, como previo paso á súa consolidación e posta en valor. Os arqueólogos detectaron evidencias doutro torreón ao nordeste da torre principal e que consideran que pode ter unha función de reforzo da fortificación por esta banda. Israel Picón, director da intervención arqueolóxica, tamén informou de que localizaron un solo orixinal do castelo e estima que a torre principal “non se atopan en moi bo estado”, segundo declarou a La Región.