O acto de celebración dos 40 anos do Museo do Pobo Galego que se celebrou o pasado sábado na sede desta institución en Compostela achegou novidades sobre o futuro do centro. No encontro, o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijoo, amosou o seu compromiso para que o Goberno contribúa a unha ampliación das dependencias do Museo no antigo convento de San Domingos de Bonaval. O novo espazo, que anunciou estará preparado para 2020, acollerá unha nova sección dedicada á Historia Contemporánea e Autonómica de Galicia. Feijoo anunciou tamén que a Xunta terá en conta as solicitudes da entidade para contar con máis persoal para as súas actividades. O Museo do Pobo naceu como unha iniciativa da sociedade civil galega e continúa a ser xestionado desde unha asociación.
O acto de conmemoración do sábado contou tamén con intervencións da responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti SanmartÃn, do alcalde de Santiago, Mariño Noriega, do presidente da Real Academia Galega, VÃctor Freixanes ou do presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares, entre outros persoeiros. Con ocasión deste aniversario, o centro organiza unha semana de portas abertas con acceso libre entres as 11 da mañá e as oito da tarde ata o vindeiro 3 de novembro.