Prolingua suma apoios á súa carta aberta ao Presidente da Xunta

O texto reclama un compromiso efectivo coa Lei de Normalización antes da celebración dos comicios municipais

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Un compromiso de non modificar a Lei de Normalización Lingüística diminuíndo as súas esixencias sobre a defensa do galego. Esta é a reclamación que a plataforma ProLingua lle fai a Alberte Núñez Feijóo, presidente da Xunta, nunha carta aberta que presentou o pasado sábado no Museo do Pobo Galego. A iniciativa, que está aberta ao apoio público, conta xa con preto de 300 asinantes, e pretende un pronunciamento a prol do respecto da Lei por parte do presidente antes da celebración das vindeiras eleccións municipais, previstas para maio.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei de Normalización Lingüística, Museo do Pobo Galego, Lingua galega