A obra de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para a ampliación do Museo do Pobo Galego, dirixida polo Consorcio de Santiago, remataba onte despois de algo máis dun ano de intervención. O acto contou coa alta representación institucional de todos os estamentos que forman parte do Consorcio da Cidade. O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; visitaron o edificio para coñecer o resultado das obras xunto ao presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, quen indicou que “o museo vai case duplicar a súa superficie útil, podendo asà completar as salas da historia de Galicia”. Nas vindeiras semanas, e na medida en que as restricións sanitarias o permitan, o Consorcio de Santiago realizará visitas guiadas ao edificio para os veciños e colectivos interesados.
O Consorcio de Santiago destinou a esta intervención un total de 3.424.252,43 euros, dos que o 50% proceden do financiamento público do Estado, o 30% da Xunta de Galicia e o 15% do Concello de Santiago, provindo o 5% restante de recursos propios, como corresponde ao orzamento do propio Consorcio. O proxecto de intervención neste edificio monumental, construÃdo na década de 1650, correu a cargo dos arquitectos Idoia Camiruaga Osés e Ramón Fernández Hermida e centrouse na rehabilitación e adaptación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para acoller un novo espazo dedicado a exposicións, oficinas e outros usos; o que supuxo a ampliación do Museo do Pobo Galego cunha superficie útil resultante duns 2.400 metros cadrados -o que significa engadir 1.600 máis do que xa tiña en uso o Museo-. Esta ala pode utilizarse de xeito independente ao resto do Museo, mantendo o seu acceso propio.
O Museo do Pobo Galego ofrecerá agora a historia completa de Galicia
A planta baixa desta parte do conxunto vaise destinar a exposicións temporais. A primeira planta terá uso de oficinas, estudos e seminarios. O segundo andar acollerá parte da exposición permanente do Museo e o baixo cuberta seguirá empregándose como almacén de pequenas pezas. O Museo do Pobo Galego relataba a historia de Galicia ata os anos 70 e agora, grazas á ampliación, amosará -tal como destacou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo- “a Galicia contemporánea, democrática, autonómica e constitucional, un cadro completo de Galicia”. O presidente declarou que agarda que o proxecto de musealización estea rematado para o vindeiro mes de xullo. No transcurso das obras quedaron ao descuberto importantes restos como os da capela neogótica do antigo hospicio, de arredor de 1898, unha pÃa de auga bendita, unha fonte, identificouse un armario de madeira de castiñeiro correspondente tamén ao perÃodo de transformación do edificio en hospicio, entre outros achados.