Neste 2017 fanse 40 anos da creación do Museo do Pobo Galego. A conmemorar este aniversario, a institución está a celebrar unha serie de faladoiros sobre temas de importancia para o paÃs ademais de diferentes actividades divulgativas. No entanto, é hoxe, 25 de outubro, que comeza o groso de actos de celebración da entidade, cunha sesión de arte mural no convento de San Domingos de Bonaval da man de Marc Taeger, Pilar Alonso e Federico Fernández. A continuación desenvolverase ata o vindeiro 3 de novembro un intenso programa de actividades que inclúen a celebración dun acto institucional este sábado 28, dÃa no que arrincará unha semana de portas abertas na que a sede do Museo abrirá de xeito continuado entre as 11 e as 20 horas. No mesmo dÃa o claustro do centro acollerá un concerto de percusión a cargo de Roberto Oliveira.
As actividades comezan hoxe mesmo con sesións de arte mural no interior do convento de San Domingos de Bonaval, sede do Museo en Compostela. A esta proposta seguirán este xoves e venres, gravacións de sesión de memoria nas que persoas relacionadas co Museo falarán sobre pezas, libros, espazos e accións que foron conformando este centro. Un obradoiro de construción bioclimática, outro de cesterÃa con Idoia Cuesta, unha sesión sobre a elaboración de redes e aÃnda outra sobre cata e elaboración de conservas son outras das propostas que se sucederán ao longo da semana.