O Museo de Lugo celebra os 80 anos do Convento de San Francisco como Ben de Interese Cultural

Un amplo programa conmemora a importancia da que hoxe é sede da institución

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Hai xa oitenta anos que o Convento de San Francisco foi declarado Ben de Interese Cultural, no comezo da II República Española. Agora, o Museo de Lugo, actual ocupante do edificio, desenvolve un intenso programa de actividades para conmemorar este aniversario. Dentro do mesmo, esta mañá preséntabase o libro O claustro franciscano do Museo Provincial de Lugo. Ata o vindeiro mes de xuño desenvolveranse visitas guiadas, contacontos, exposicións de fotografías antigas e conferencias entre outras iniciativas, e o Museo acollerá actos específicos por datas sinaladas como o Día do Libro ou o Día das Letras.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Museo de Lugo, Exposicións, República...