O Museo Provincial de Lugo cumpre 80 anos

A Deputación homenaxea a corporación republicana que inaugurou o proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Acta de creación do Museo de Lugo, 1932

Acta de creación do Museo de Lugo, 1932

O 29 de febreiro de 1932 a corporación da Deputación de Lugo acordaba a creación dun Museo Provincial. Hoxe, para conmemorar os oitenta anos deste centro, representantes da actual deputación acudirán a un acto no refectorio do Museo para conmemorar este aniversario e homenaxear os fundadores. O evento comezará ás 20 horas e contará coa presenza da historiadora Mª Jesús Souto Blanco e do coro Solo Voces. Para alén dos membros da corporación provincial republicana, no acto tamén se lembrará o traballo de Antonio Méndez Casal, que cedeu un bo número de obras que aínda se conservan e que colaborou para que o centro puidese abrir as súas portas o 10 de xaneiro de 1934.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Provincial de Lugo, Deputación de Lugo