A Asociación Galega de Editoras organiza unha nova edición do Simposio O Libro e A Lectura, desta volta baixo o lema Libro ilustrado: outra forma de ler?. O evento celebrarase os próximos dÃas 8 e 9 de novembro. A XIV edición do Simposio da AGE, contará con tres mesas redondas, unha dedicada á banda deseñada e na que intervirán Kiko Dasilva, Cano Paz e Carla Berrocal; outra sobre como editar o libro ilustrado, con Madalena Matoso, editora de Planeta Tangerina e e Diego Moreno, editor de Nórdica Libros; e, finalmente, a mesa redonda : “Olladas ilustradas”, coa intervención de Xosé Cobas, Ester GarcÃa e Calros Silvar. Ademais, no XIV Simposio O Libro E A Lectura. Libro ilustrado: outra forma de ler? intervirán en tres conferencias organizadas: Joan Fontcuberta (“A furia das imaxes”), Ana Garralón (“Os álbums que contan o mundo”) e Teresa Durán (“Os tres fillos do tsar. A lectura da imaxe, hoxe”). O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de novembro, é de balde e deberá realizarse a través do correo s.tecnica@editoresgalegos.org