Coa intención de "ofrecer ao longo de dous dÃas unha panorámica o máis diversa posÃbel do traballo do deseñador" a Asociación Galega de Deseño (DAG) presentaba a nova edición do FEED. Este encontro anual celebrarase en Compostela os vindeiros 3 e 4 de novembro e contará nesta ocasión coa presenza de Elena Urizar, especialista en visual thinking, o galego Lois Guillán, especialista en deseño de produto, e os portugueses João Martino e Miguel Almeida, do estudio do Porto Non-Verbal Club que desenvolve o seu traballo principalmente para clientes do ámbito cultural.
Canda a eles estarán presentes, xa na segunda xornada do evento, Joana Correia, quen abordará a cuestión das tipos variábeis, Coca Rivas, a xefa de deseño de servizos, Francesco Furno e Pablo Galeano, fundadores do estudio Relajaelcoco, e Bea Lema, deseñadora e vencedora do Premio Castelao de Banda Deseñada. Ademais, o programa inclúe unha mesa redonda con escolas de deseño "para debater con profesores e estudantes acerca das expectativas, preocupacións perante a súa inminente incorporación ao mercado laboral".