Arqueólogos investigan un novo campamento romano na Fonsagrada

Pode ser parte dunha liña de avance do exército romano

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O colectivo de investigación romanarmy.eu, integrado por arqueólogos e investigadores de diferentes universidades, iniciou os traballos de investigación no campamento romano de A Penaparda (A Fonsagrada), inédito ata este momento. Trátase dunha intervención promovida polo Concello da Fonsagrada co apoio da Deputación de Lugo, que busca tentar obter información sobre este emprazamento romano de máis de dez hectáreas e que puido albergar un continxente de 5.000 soldados. Os arqueólogos cren que se pode tratar da evidencia dunha liña de penetración do territorio entre Galicia e Asturias, aínda que se descoñecen o sentido da marcha deste exército. Todos os días os arqueólogos dan conta do avance da investigación, directamente desde o campamento, a través de Facebook Live.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Unha testemuña da primeira guerra

Unha testemuña da primeira guerra

Datan o campamento de Lomba do Mouro, entre Galicia e Portugal, no tempo das primeiras expedicións militares romanas a Gallaecia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fonsagrada, Facebook, Deputación de Lugo, Asturias

Claves

Conceptos