Investigan dous recintos fortificados en Verín á procura do exército romano

O equipo de arqueólogos conta diariamente as novidades usando Facebook Live

17/4/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniohistoria
32 lecturas | Compartido 0 veces

O equipo iniciando os traballos. Foto: romanarmy.eu

É unha campaña de prospección arqueolóxica pero tamén un experimento de comunicación. Un equipo de arqueólogos de diferentes universidades e centros de investigación europeos agrupados no colectivo romanarmy.eu comezaron hoxe unha campaña de prospección en dous singulares sitios arqueolóxicos fortificados do concello de Verín: o Outeiro de Arnás e o Alto do Circo. Trátase de verificar se son espazos ocupados polo exército romano durante os procesos de conquista e control do territorio da antiga Gallaecia ou, pola contra, pertencen a outros periodos históricos nos que o territorio do val de Monterrei exerceu un importante papel como fronteira e nó e comunicacións. O equipo, conformado polos arqueológos José Manuel Costa, Rebeca Blanco-Rotea e Joao Fonte, contarán a diario, durante toda esta semana e ata venres, a experiencia a través do Facebook oficial do colectivo romanarmy.eu. Son todos os días ás 12.30 horas e non é preciso ningunha tecnoloxía especial. O proxecto conta co apoio do Concello de Verín, o Instituto de Ciencias de Patrimonio do CSIC e o grupo de investigación Síncrisis da Universidade de Santiago de Compostela

Universo culturagalega.gal

28/05/2021

Sorpresas baixo o noiro

Os arqueólogos documentan o carácter defensivo de Alto da Raia e a existencia dunha inagardada fase anterior