Confírmase un novo fortín romano da conquista na fronteira de Galicia

Os arqueólogos do CSIC recuperaron material militar lexionario

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Os arqueólogos do CSIC están a traballar en A Recacha, un emprazamento fortificado no concello de Navia de Suarna (Lugo) que fora identificado hai anos por teledetección como posible complemento do campamento romano de A Granda das Xarras, no límite entre o concello de San Antolín de Ibias (Asturias) e Candín (León). O equipo realizara unha intervención na Granda e confirmara a existencia dun recinto campamental romano, pero había dúbidas con respecto a este fortín de Navia pola súa forma circular, máis parecida a un castro. Segundo publica El Progreso, as prospeccións magnéticas que se están levando a cabo están permitindo obter mostras da utillaxe romana (cravos para tendas, tacholas de sandalias) que confirman que é un emprazamento militar romano e que a súa cronoloxía estaría entre o 29 e o 19 a.C., na época da conquista romana do noroeste hispánico. Segundo os arqueólogos, trataríase dun campamento estacional.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CSIC, El Progreso, Navia de Suarna, León...