Falece Alberto Martí, o fotógrafo dos adeuses

O seu traballo foi recoñecido co Premio Nacional de Fotografía

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Alberto Martí. Fotografía de José Caruncho. Fonte: Consello da Cultura Galega.

Alberto Martí. Fotografía de José Caruncho. Fonte: Consello da Cultura Galega.

O cemiterio de San Amaro, na Coruña, acollía onte o sepelio de Alberto Martí. O fotoxornalista faleceu o pasado venres aos 95 anos de idade logo de case oito décadas de traballo. Entre o seu labor máis coñecido está a serie sobre a emigración Os adeuses, transformada nunha auténtica icona cultural e que foi recuperada polo Consello da Cultura Galega e polo Centro Galego de Artes da Imaxe nunha exposición que continúa en xira. Entre os múltiplos recoñecementos ao seu traballo, Martí obtivo en 1960 o Premio Nacional de Fotografía polo seu retrato dun ataco a man armada na Cidade Herculina. Nos últimos anos ocupara o posto de presidente da Cociña Económica da Coruña.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A ollada do adeus

A ollada do adeus

A mostra Os adeuses amosa a emigración a través das fotografías de Alberto Martí

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, A Coruña, Centro Galego de Artes da Imaxe, Consello da Cultura Galega...