As fotografías da emigración captadas por Alberto Martí chegan a Bos Aires

A mostra organizada polo Consello da Cultura inaugúrase hoxe no Espazo Virrei de Liniers

| Santiago. Redacción | Seccións: EmigraciónHistoriaFotografía
Compartir:
Familiares no porto de Vigo pendentes do desenvolvemento do secuestro do Santa María María

Familiares no porto de Vigo pendentes do desenvolvemento do secuestro do Santa María María

Son as instantáneas captadas polo fotoxornalista Alberto Martí e que documentan a partida de centos de emigrantes galegos entre 1957 e 1963. Comisariada por José Caruncho pretende captar a ida, a volta e a traxectoria do Buque Santa María, que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo e que foi secuestrado polo Directorio Ibérico de Liberación (DRIL) en xaneiro de 1961. As 73 imaxes da mostra, froito da alianza do CGAI, o Consello da Cultura e a Fundación Barrié, chega hoxe ao Espazo Virrei de Liniers da Cidade Autónoma de Bos Aires, logo de itinerar por numerosas ciudades galegas.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Viaxes de ida e volta

Viaxes de ida e volta

Unha exposición documenta o éxodo galego cara a América dos anos cincuenta

A ollada do adeus

A ollada do adeus

A mostra Os adeuses amosa a emigración a través das fotografías de Alberto Martí

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bos Aires, CGAI, Fundación Barrié, Lisboa...