Abre en Pontevedra a Mostra Internacional de Realidade Virtual e Patrimonio

Poderase visitar ata este venres

| Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:

Onte inaugurouse en Pontevedra a segunda edición do TEK-FEST, un encontro de Tecnoloxía e Patrimonio que este ano está dedicado á realidade virtual, amosando unha selección de 6 obras internacionais con contidos de realidade virtual realizados en Galicia. Deste xeito, poderanse ver producións sobre a cegueira, unha viaxe á tradición musical mexicana ou Fragments, un filme de moda rodado na Illa de San Simón en 360º e estereoscopía. A Mostra permanecerá aberta ao público no Museo de Pontevedra o martes, mércores, xoves e venres de 17h a 21h e o sábado de 11h a 14h e de 17h 1 21h. A entrada é gratuíta.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, Museo de Pontevedra, Moda, Illa de San Simón